A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea
durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso
2018/19 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia
co obxecto de coñecer a lingua dese país.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1000 €.
Requisitos:
Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2019.
As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de:
https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

No hay comentarios:
Publicar un comentario