domingo, 20 de enero de 2019

Axudas para crear empresas de actividades non agrícolas en zonas rurais

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais.
Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2019 e en http://www.tramita.igape.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario