martes, 29 de enero de 2019

Cursos de idiomas en Europa durante o verán.


Cursos de idiomas en Europa durante o verán
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia co obxecto de coñecer a lingua dese país.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1000 €.
Requisitos:
Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2019.
As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de:
https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior
A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
- O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
- As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
- As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.
Realización da proba:  as probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 28 de maio de 2019.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
- O prazo de presentación de solicitudes será entre os entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
- As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D
Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.
Realización da proba:  as probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de abril de 2019.
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2019 e en www.edu.xunta.es/fp

Recoñecemento das competencias profesionais

Recoñecemento das competencias profesionais
A Consellería de Economía convoca un procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1.350 prazas:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas.
- Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
- Docencia da formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas.
- Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española, ser residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º No caso de experiencia laboral:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2) Para as unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º No caso de formación non formal:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 1, xustificar polo menos 200 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de febreiro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR305A
Máis información no DOG do 21 de xaneiro de 2019.
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html

Galiciencia 2019: Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP

Galiciencia 2019: Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP


Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia 2019 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un/unha profesor/a e contar a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos.
Se resulta seleccionada, disporedes dun stand na Galiciencia 2019, onde poderedes dar a coñecer o voso proxecto e entrar en contacto con outras mentes inquietas.
Só tendes enviar a vosa idea ata o 11 de marzo de 2019.
Máis información: sabela@tecnopole.gal   Teléfono 988 368 100.

PARTICIPANTES
Poderán participar como expositores de proxectos para secundaria, bacharelato e FP calquera centro educativo.
INSCRICIÓN
A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario de inscrición.
Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de abril.
PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
Participarase expondo os proxectos ou experimentos durante os tres días previstos para a celebración da Galiciencia 2019 (8 e 9 de maio en horario de 10h a 13h e de 15h a 18h e 10 de maio en horario de 10h a 13h). Limitándose a participación máxima en 50 proxectos en total. E catro proxectos, como máximo, por centro educativo.
Os/as alumnos/as aos que se lles seleccionara o seu proxecto deberán enviar, unha vez formalizada a selección, unha presentación resumo coa información relevante completa do dito proxecto. A organización concretará as características da dita presentación.
EXPOSICIÓN, ESPAZOS E ACTIVIDADES
– A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.
– Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand nas horas previstas pola organización.
– As viaxes, aloxamentos, actividades e comidas serán propostos por Tecnópole, sendo imprescindible confirmación por parte do colexio participante.
– Tecnópole facilitará un autobús para trasladar os participantes desde cada unha das catro provincias galegas ao lugar de aloxamento establecido pola organización o día previo ao inicio da Galiciencia, así como para realizar a viaxe de volta ata os mesmos lugares de orixe o último día da Galiciencia. O horario, datas e lugar de paradas serán unicamente os que a organización decida.
– Tecnópole encargarase do traslado en autobús durante os tres días da Galiciencia, entre o aloxamento establecido, o Parque Tecnolóxico de Galicia, ou outros desprazamentos necesarios para a realización de actividades organizadas por Tecnópole.
– Tecnópole non correrá con ningún gasto de desprazamento distinto dos expresados nos puntos anteriores, nin se encargará da súa organización.
– A distribución das habitacións será realizada por Tecnópole co fin de fomentar as relacións entre alumnos-alumnos e profesores-profesores, intercambio de coñecemento, de experiencias, etc. e tratando de seguir os criterios legais de non ter na mesma habitación alumnos/as con profesores/as, nin alumnos con alumnas para evitar incomodidades.
– Tecnópole encargarase de realizar unha planificación de actividades fóra do horario de Galiciencia, opcionais, pero non será responsable, en ningún caso, nin de actos nin de posibles accidentes dos alumnos/as…, que nelas participen, dos cales será responsable o/a titor/a dos alumnos/as.
DECISIÓN DO XURADO
A decisión do xurado farase pública durante a entrega de premios da Galiciencia 2019, 10 de maio de 2019 ás 13:30 horas.
CATEGORÍAS DE PREMIOS:
- premio ao proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.
- premio para o proxecto máis innovador.
- premio para o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido.
- premio para o mellor proxecto englobado dentro da temática de saúde e bos hábitos.
- premio para o ganador absoluto da Galiciencia 2019 que contará con 1000€ para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2020. Para o ganador do segundo posto, Tecnópole financiará con 500€ a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que terá lugar na primavera do 2020 en Bilbao. Para o proxecto que quede en terceiro lugar na clasificación global de Galiciencia, financiarase con 200€ a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia no mes de novembro 2019 promovido polos Museos Científicos Coruñeses.
Elixirase como ganador absoluto da Galiciencia o proxecto que obteña maior puntuación na suma dos seguintes criterios de valoración:
innovación e creatividade (25 %)
rigor metodolóxico (20%)
autoría dos alumnos/as (25%)
defensa oral (20%)
presentación no stand (10%).
As porcentaxes que se indican entre parénteses significan o peso que supón a puntuación dese aspecto concreto sobre o total.
A suma das valoracións obtidas dará como resultado o ganador absoluto da Galiciencia.
Todos os participantes como expositores de proxectos na Galiciencia 2019 recibirán un diploma de participación e un obsequio.
https://www.galiciencia.com/

Concurso de Fotografía de Galiciencia 2019

Concurso de Fotografía de Galiciencia 2019

PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos/as os/as alumnos/as e profesores/as de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de Galicia.
TEMÁTICA
O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 baseándose na temática de referencia desta edición: A Saúde e os bos Hábitos, polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado coa temática en cuestión.
CONDICIÓNS E FORMATOS
- O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
- As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
- As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
PRESENTACIÓN DAS OBRAS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán subir as súas fotografías a través do apartado especialmente habilitado na páxina web da galiciencia cos seguintes datos: título/s da/s obra/s presentada/s, nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto, e-mail e nome do centro ao que pertencen.
- O prazo de presentación finalizará o 11 de marzo de 2019.
RESOLUCIÓN
A resolución do xurado farase pública o día 10 de maio de 2019 durante a entrega de diplomas da Galiciencia e publicarse nas redes sociais (web galiciencia e facebook).
FORMATOS VÁLIDOS
As fotografías poderán estar en formato jpg, tiff, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), esta é a resolución mínima para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. Sería preferible unha resolución maior.
REALIZACIÓN E MANIPULADO
Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a color, niveis e axustes e correccións. Non está permitido manipular a foto de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.
https://www.galiciencia.com/concursos-galiciencia-2019/

Galiciencia 2019. Atrévete cos bos hábitos.

Galiciencia 2019. Atrévete cos bos hábitos
O concurso organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 con temática Saúde e bos hábitos, polo que, as diferentes probas a superar estarán relacionadas co noso comportamento e as súas implicacións na saúde.
O concurso constará de dúas fases:
1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico a atrevete@galiciencia.com para a súa valoración. Tedes que mandar os tres desafíos dentro do prazo establecido, xa que non é un concurso con eliminación. Só se valorarán os grupos que manden os tres vídeos.
2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 10 de maio de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.
PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:
Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)
Os estudantes participarán en grupos de 3 alumnos/as por grupo, non sendo posible facelo individualmente.
CONDICIÓNS E FORMATOS
As condicións e formatos de cada proba faranse públicos na web da Galiciencia www.galiciencia.com no momento da liberación dos desafíos.
PRESENTACIÓN DOS DESAFÍOS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un e-mail a atrevete@galiciencia.com coa resolución do desafío 1 proposto e os seguintes datos:
Nome do grupo
Nome e apelidos dos integrantes
Curso
Nome e e-mail do centro ao que pertencen
Nome, e-mail e teléfono do docente/titor/a do grupo
O envío do Desafío 1 dentro do prazo establecido, fai efectiva a inscrición no concurso. Recibiredes un correo confirmando a recepción da inscrición. NON recibiredes unha nota de valoración ata enviar os tres desafíos.
Enviaranse, tanto o Desafío 1 (inscrición) como o resto, por correo ao seguinte enderezo: atrevete@galiciencia.com
O nome do grupo será o identificativo de cada grupo participante, aparecendo este no Asunto dos correos enviados.
RESOLUCIÓN
A resolución do xurado en relación á primeira fase, farase pública nun prazo máximo dun mes, unha vez rematado o prazo límite do último desafío.
A resolución do xurado en relación á segunda fase, farase pública o día 10 de maio de 2019 durante a entrega de diplomas da Galiciencia.
PREMIO
Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.
Os grupos gañadores do desafío final recibirán un diploma e un premio.
DATAS:
Desafío 1:  21 de xaneiro - 15 de febreiro
Desafío 2:  18 de febreiro - 15 de marzo
Desafío 3:  18 de marzo - 12 de abril
https://atrevetecosboshabitos.galiciencia.com/


Curso para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Curso para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios:
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
Número de prazas: 180.
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019
Contido:
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
Solicitudes de participación: a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
O prazo para a inscrición estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2019.
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2019 e en https://cemit.xunta.gal/cemit_servizos

domingo, 20 de enero de 2019

1 m2 polos ríos, enconos e pantanos.


Proxecto LIBERA, a través da convocatoria lanzada para os días 9 ao 17 de marzo de 2019, pretende levar a cabo unha nova  accion de ciencia cidadá “1 m2 polos ríos, encoros e pantanos”
O Proxecto LIBERA pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais.
Como sempre nos seus m2 por contornas poderanse unir á iniciativa organizacións, entidades, empresas, Ong, asociacións... que queiran organizar unha batida dentro das datas indicadas e sempre que en beiras de ríos encoros e/ou pantanos. O obxectivo principal é achegar datos a unha base común, para coñecer cal é o estado da nosa natureza mediante unha sinxela  APP (e- Litter). 
 
Desde o Proxecto LIBERA facilitarásevos unha formación para aprender a caracterizar os residuos, ofreceranvos un pack con material para a recollida e facilitaranse os seguros de voluntarios.
O  proxecto Libera foi creado pola ONG ambiental SEO/BirdLife, en alianza con  Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases.

E si coñecedes de alguén que queira un curso para ser profesor de autoescola...



A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar nas Palmas de Gran Canaria, León, Madrid, Murcia, Palma de Mallorca, Sevilla, Valencia e Zaragoza.
Proba previa de selección: 
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica. 
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de 25 minutos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de febreiro de 2019.
Máis información no BOE do 9 de xaneiro de 2019 e en www.dgt.es

Subvencións para guións, proxectos audiovisuais...

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras.
Modalidades:
- Modalidade A: subvencións á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.
- Modalidade B: subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.
- Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.
Persoas beneficiarias
1. Poderán optar ás subvencións das modalidades A e B todas as persoas residentes, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o que solicitan a subvención de xeito profesional.
2. Poderán optar ás subvencións da modalidade C os directores residentes, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude.
As solicitudes tramitaranse a través de https://sede.xunta.gal co procedemento CT207A
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 18 de febreiro de 2019
Máis información no DOG do 18 de xaneiro de 2019 e en  http://www.agadic.gal

Subvencións para actividades culturais na provincia da Coruña


A Deputación da Coruña convoca o seu programa de subvencións culturais:
- A entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais.
- A corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais.
- A entidades sen ánimo de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e fundacións da provincia da Coruña para o desenvolvemento de actividades culturais.
- A entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2019.
- A entidades sen ánimo de lucro e a concellos para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas
- Para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais.
- Para proxectos singulares de especial interese cultural que desenvolvan propostas artísticas e/ou culturais en lingua galega que resulten de interese para o desenvolvemento cultural a través da achega dun valor engadido de carácter social (igualdade, dereitos, diversidade, respecto ambiental, estima colectiva, cohesión social, integración”), patrimonial (memoria, coñecemento, difusión social) ou artística (innovación, experimentación, propostas de risco”).
- A empresas audiovisuais para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña durante o ano 2019
Prazo: 15 de febreiro de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 16 de xaneiro de 2019

Por si sabedes de alguén que quera ampliar estudos no estranxeiro


Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié

A Fundación Barrié convoca 10 Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
Requisitos: 
Ter a nacionalidade española.
Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos: 
a) Candidatos/as nados/as en Galicia 
b) Persoas candidatas cun proxenitor nado en Galicia 
c) Persoas candidatas empadroadas en calquera dos concellos de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
Estar en posesión dun título superior expedido por unha universidade española ou estranxeira (homologado polo Ministerio de Educación). Tamén poderán solicitar a bolsa os/as candidatos que estean cursando o seu último ano durante o curso académico 2018-2019.
Os/as solicitantes deberán inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título de Máster, que se desenvolvan de maneira presencial, continua, a tempo completo e no estranxeiro.
Dotación:
A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 € anuais, que se aplicarán total ou parcialmente, por esta orde, aos seguintes conceptos:
1. Matrícula do programa no centro de destino
2. Dotación inicial única de 1000 € para gastos de viaxe e instalación
3. Asignación mensual de 1.600 € en concepto de aloxamento, manutención
prazo para solicitar as becas estará aberto ata as 14:00 h do 4 de febreiro de 2019

Para o que queira estudar un máster en EE.UU


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 12 axudas para a realización de estudos de Máster en Universidades de Estados Unidos de América para o curso 2019-2020.
As persoas solicitantes han de estar en posesión ou en condicións de obter un título de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente, debendo concluír os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2015. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2017-2018 non poderán participar na convocatoria. O expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos e ha de acreditarse cursar como mínimo 240 créditos.
Outros requisitos:
Nacionalidade española ou de calquera país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo con residencia en España,
Non gozar bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.
Non obter ningunha titulación superior emitida por universidades de EE.UU., nin estar a realizar estudos de posgrao ou proxectos de investigación  predoctoral en EE.UU.
Non finalizar ningún doutoramento.
Non gozar unha bolsa  Fulbright de ampliación de estudos de posgrao.
Excelente coñecemento do idioma inglés.
Acreditar solicitar a admisión para os estudos de máster nunha universidade de EE.UU.
Contía:
Dotación mensual de 2.220 €.
Unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas por importe máximo de 20.000 €.
Dotación de 1.500 € para gastos de viaxe de ida e volta, financiada con cargo á Comisión  Fulbright.
Seguro de accidentes corporais e de asistencia sanitaria
prazo de presentación de solicitudes será desde o 22 de xaneiro de 2019 ata as 14 horas do 12 de febreiro de 2019
Máis información no BOE do 14 de xaneiro de 2019

Olladas do mar: Exposición de pintura, fotografía e escultura.

Data inauguración sábado día 2 febreiro ás 21:00h
Autores/as
Viky Ribadulla, Nolo Suarez, Manuel Nietto, Nando Pereiro, Milagros Cotelo, Xosé Iglesias, Juan Silva, Mon Lendoiro  e Carlos Botana.
Recitaranse poemas a favor do e para o mar.
Espazo Xove de Carballo
R/ Valle Inclán, 24
15100 Carballo. A Coruña
Teléfono: 881 880 421/420
espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal

12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

A Asociación Cultural FICBUEU abriu o prazo para presentar obras ao 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro.
A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do un de xaneiro do 2018, podendo concorrer creadores de calquera nacionalidade a condición de que cumprisen os 18 anos de idade.
Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidos curtametraxes que xa se presentaron en edicións anteriores.
Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún deles ou en inglés. A película poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia dixital para a súa proxección.
As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma  shortfilmdepot. com, onde se especifican as condicións de envío.
As obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2019 ás 14:00 h.
Dotación
As curtametraxes participantes na Sección Internacional optarán aos seguintes galardóns:
- Primeiro premio "Ánfora de ouro": 2.000 euros e trofeo.
- Segundo premio "Ánfora de prata": 1.000 euros e trofeo.
- Premio do público: 500 euros e  medallón.

Concurso de cómic manga, Norma Editorial


Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga
O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.
Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital).
A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en:
•Resumo do argumento da obra nun espazo mínimo de 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así como un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados.
•Creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas.
•Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor) así como fichas dos personaxes.
•Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.
Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais, debido a que en ningún caso devolveranse os materiais recibidos. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento  entintado e tramado.
Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro e que debe estar entintada e cunha  rotulación lexible. Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.
Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.
prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.
Requisitos
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.
Dotación
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de  royalties e dereitos de representación de 3.000 euros.

Máis información: 
Norma Editorial
concursomanga@normaeditorial.com
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855 

Concurso fotografia Xurxo Lobato



Premio de contos Fundación Mainel

A Fundación  Mainel convoca a 22ª edición do seu Premio de Contos, un certame con dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a creación literaria e por outro, animar aos mozos para reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, o maior plan mundial ata a data para erradicar a pobreza en todas as súas formas.
A convocatoria, que leva por lema "O mundo que queres", está aberta a estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos, menores de idade e residentes en España.
Extensión: os relatos non deberán exceder os 8 folios a espazo simple en letra Estafes  New  Roman 12. Non se admiten obras manuscritas.
As obras terán que estar escritas en castelán ou en calquera das linguas oficiais do Estado español, aínda que nestes casos acompañarase sempre unha versión completa en castelán para facilitar a súa valoración e publicación. En todo caso, os relatos deben ser inéditos e non estar comprometidos con ningunha publicación. O xurado valorará especialmente os contos que expresen a través da trama unha visión positiva e orixinal da convivencia e humanidade das persoas.
Os orixinais, asinados baixo pseudónimo e acompañados dun sobre pechado coa ficha de inscrición, deberanse enviar á sede da Fundación  Mainel (Pza. Porta da Mar, 6-2º-8ª 46004 Valencia) antes do 22 de febreiro, en follas  DIN A4 grampadas na parte superior esquerda, sen encadernar.
Dotación
Establécense tres seccións: 1º e 2º de ESO. 3º e 4º de ESO. Bacharelato e Formación Profesional. En cada unha delas outorgaranse os seguintes premios:
- 1º premio, consistente nun diploma e un vale de 280 euros trocable en librerías  TROA.
- 2º premio: diploma e un vale de 180 euros trocable en librerías  TROA.
- 3º premio: diploma e un vale de 80 euros trocable en librerías  TROA.
Ademais, o premio principal será a publicación nun único volume dos contos galardoados con primeiro, segundo e terceiro premio en cada unha das seccións. Cada autor recibirá dez exemplares. Entregarase así mesmo un lote de libros aos colexios e institutos dos participantes galardoados.

Axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes


O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axuda á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes
Requisitos das persoas beneficiarias
Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.
Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade. 
O referido límite será de cinco veces o IPREM* cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.
Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. 
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexaigual ou inferior a 100.000 euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
Contía das axudas
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o o 31 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs
*O valor do IPREM para 2019 está en 537,84 euros/mes

Recursos a disposición das mozas galegas para a prevención da violencia de xénero


Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Podes contactar por email, info@querote.org por Whatsapp no 647 018 752 e persoalmente nas distintas oficinas:  
    Quérote + Santiago.  Rúa Ramón Piñeiro, 19. Tlf: 881 997 613
    Quérote + A Coruña.  Praza de Ourense, 7-8 1º. Tlf: 981 223 913 
    Quérote + Ferrol.  Rúa Santa Comba 61. Tlf: 981 317 027
    Quérote + Lugo. Complexo Xuvenil LUG II Rúa Pintor Corredoira 4. Tlf: 982 241 732
    Quérote + Ourense.  No Espazo Xove na rúa Celso Emilio Ferreiro 27 4º. Tlf: 988 231 470
    Quérote + Vigo.  Rúa Ferrería 41. Tlf: 986 095 977
Agresión OFF é unha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.  http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/app-de-agresion
Asesoramento Xurídico On-line
A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha este servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.
Cumprimentando o seguinte formulario, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.  FORMULARIO 
Teléfono da Muller
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
    O Teléfono da Muller é o 900 400 273.
As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais desde este portal.
Centros de Información ás Mulleres
Existen diversos CIM en toda Galicia: https://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres
Axudas económicas da Dirección Xeral de Igualdade: A Xunta de Galicia a través de Igualdade conta cunha liña de axudas económicas en materia de violencia de xénero
Teléfono de atención: 016 (teléfono gratutito que non deixa rastro na factura pero é preciso eliminar do rexistro do teléfono)

# Ctrl non é amor, divertida guía elaborada polo colectivo Saraiba composto por JUDITH VELASCO, ESTHER ARIAS, SANDRA CARRACEDO, RAQUEL MONTESERÍN, ZORAIDA CHAO, ALBA VÁZQUEZ e BENJAMÍN SALVADOR. Contaron coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove

Parlamento Xove 2019


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten aberto ata o vindeiro 21 de xaneiro o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove, programa de debate que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade. 
Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato e en total poderán participar 48 equipos, 24 por cada categoría.
A iniciativa consiste nunha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. O programa realizarase en dúas fases: unha primeira clasificatoria, da que xurdirán oito equipos gañadores, e unha segunda na que estes equipos se enfrontarán nunha fase final. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Inscrición
Os equipos interesados en participar no Parlamento Xove 2019 deberán enviar telematicamente o formulario de participación dispoñible na páxina web oficial da competición. Unha vez adxudicado ao centro unha ou dúas das 24 prazas (por categoría), este deberá enviar por correo certificado o formulario de inscrición (inclúe a composición do equipo) antes do 31 de xaneiro de 2019 á Xuventude debidamente cuberto e co selo do centro de ensino.
Tema
Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da Unión Europea?
Fases da competición
A competición terá dúas fases: 
Fase clasificatoria:  os equipos debaterán entre si o/s día/s sinalado/s pola organización, coa temporalización e distribución de emparellamentos resultante do sorteo que se realizará publicamente o día anterior ao inicio dos debates, unha vez que se coñeza o número exacto de participantes.
Os dous equipos que se enfrontarán en cada encontro defenderán posturas opostas:
un equipo asumirá a postura A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decidirá por sorteo minutos antes do comezo do debate.
A duración desta fase clasificatoria dependerá do número de equipos participantes, tendo sempre un tempo adicado á competición e outro pensado para o lecer.
Fase final:  os 8 equipos mellor posicionados na fase clasificatoria debaterán sobre o tema proposto para esta final de eliminatoria directa. Faranse varios encontros (catro debates en cuartos de final, dous en semifinais e a final). As características dos debates serán as mesmas que na fase clasificatoria.
Premios
1) Os equipos gañadores do Parlamento Xove: unha viaxe para os/as cinco integrantes do equipo valorada en 5.000 €.
2) O equipo finalista: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
3) Os catro mozos e mozas integrantes de cada equipo gañador e finalista en cada unha das categorías participarán nunha fin de semana de ocio educativo organizada por Xuventude.
4) O equipo cuxo artigo de investigación fose o mellor valorado: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
5) Os/as integrantes do xurado poden facer mencións especiais daqueles/as oradores/as que lles parezan máis brillantes nas súas execucións considerando os criterios de avaliación establecidos. O alumnado distinguido con esta mención recibirá un diploma acreditativo emitido por Xuventude.
Prazo para inscribirse: 21 de xaneiro de 2019

Axudas para crear empresas de actividades non agrícolas en zonas rurais

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais.
Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2019 e en http://www.tramita.igape.es

Subvencións do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" para o ano 2019


O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións no marco do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" para o ano 2019.
O obxecto do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" é incentivar a participación dos mozos/as e as organizacións en actividades de solidariedade accesibles e de gran calidade como medio de contribuír a reforzar a cohesión, a solidariedade, a democracia e a cidadanía en Europa, respondendo ao mesmo tempo os desafíos da sociedade e fortalecendo as comunidades, cun empeño especial en promover a inclusión social, principalmente a través do voluntariado.
Na guía do programa especifícanse outros obxectivos e prioridades xerais e por Acción a ter en conta.
Poderanse solicitar proxectos nas seguintes Accións:
a) voluntariado
b) prácticas e empregos
c) proxectos de solidariedade
Prazo de presentación de solicitudes.
Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12:00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
- 7 de febreiro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.
- 30 de abril de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2019, e para acordos de colaboración en materia de voluntariado (acordos específicos para 2019 no contexto do contrato marco de colaboración 2018-2020).
- 1 de outubro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2020
Máis información no BOE do 26 de decembro de 2018