domingo, 10 de febrero de 2019

Premio Auditorio de Galicia parea artistas

O Auditorio de Galicia convoca a undécima edición do premio Auditorio de Galicia para artistas residentes ou nacidos en Galicia menores de 40 anos.
REQUISITOS:
Cada artista/colectivo poderá participar cunha soa obra, única ou como serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación…). As obras deben ser orixinais e inéditas.
MEDIDAS DAS OBRAS:
- As medidas para pintura e fotografía non poderán exceder dos 250 x 250 cm se é obra única. Se se trata dun díptico ou dunha serie, as medidas máximas serán de 400 cm incluíndo os espazos entre as pezas.
- Non serán admitidas obras protexidas con cristal. Admitiranse as protexidas con metacrilato ou similar.
- As dimensións das esculturas non deberán exceder dun cubo imaxinario de 250 cm de lado nin dos 100 kg de peso.
- No caso das instalacións, non poderán exceder dun cubo imaxinario de 400 x 400 cm de base.
- No caso de obras de videocreación, o artista debe enviar o vídeo orixinal coa documentación. O Auditorio resérvase o dereito de decidir a exhibición dos vídeos en loop.
ENTREGA DAS OBRAS:
Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente a/o artista. Nesta fase NON se achegarán obras ORIXINAIS, a excepción de vídeos.
As/os artistas deben presentar a documentación antes das 14.00 horas do venres 12 de abril de 2019.
O Auditorio de Galicia porase en contacto coas e cos artistas que se seleccionen para indicarlles o período de recepción das obras, que non serán aceptadas nin antes nin despois da data previamente acordada.
CRITERIOS DE VALORACIÓN:
Serán avaliados de modo positivo:
- A innovación e a contribución á escena actual da arte.
- A coherencia co discurso conceptual enunciado polo artista.
- Que a obra seleccionada poida ser montada e adaptada aos recursos de que dispón a institución.
PREMIOS:
Os premios serán os seguintes:
- Un primeiro premio dotado con 6.000 euros.
- Un segundo premio de 3.000 euros
- Un terceiro premio de 2.000 euros
Máis información:
- web: www.compostelacultura.gal
- twitter: @CCultura
- facebook: CompostelaCultura
- teléfono: 981 552 290
- enderezo electrónico: exposicions@auditoriodegalicia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario