Eustory é un concurso de historia para mocidade que ten como concepto básico “aprender investigando"
Requisitos
A participación está aberta aos alumnos nados ou residentes en España, Portugal e calquera estado do continente Americano, dos niveis equivalentes a 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA (estudantes de 14 a 21 anos de centros escolares non universitarios).

O traballo pode ser individual ou en grupo, sen existir límite de participantes nos traballos de grupo sempre que cursen nos niveis indicados anteriormente. Só se permite un traballo por grupo. Existe a posibilidade de que os traballos estean realizados por estudantes de máis dun país, así como a participación coordinada de centros escolares españois, portugueses e/ou americanos, creando equipos mixtos de traballo.
O traballo poderá estar tutorizado. Calquera persoa maior de idade que teña relación co tema e a investigación está capacitada para ser titor. O xurado constatará a intervención do titor, quen terá que describir o labor que realizou.
Tema do concurso: “Transición política”
As transicións políticas —que transformaron as regras e mecanismos de participación cidadá— tiveron lugar en moitos países a partir dos anos setenta do século pasado. Estes procesos transitaron desde réximes autoritarios ata as democracias actuais. Houbo cambios en valores e normas sociais, en institucións que xa existían e outras de nova creación e na organización económica da sociedade.

Como se viviu esta transición na túa contorna? Como afectou durante ese período na túa familia ou nalgunha persoa próxima? Hai algún acontecemento dese período sobre o que poidas investigar? Podes reflexionar sobre como evolucionou a memoria desa etapa nos últimos anos?
Seguramente terás acceso a algún museo, arquivo, hemeroteca, centro de interpretación, fontes bibliográficas, páxinas web, etc., que conserven recordos e axúdenche a obter información que nunca tiveches.
Entrevista aos protagonistas desta época, visita lugares que representen momentos clave destas transicións… investiga, descobre e enriquece a historia.
Entrevista aos protagonistas desta época, visita lugares que representen momentos clave destas transicións… investiga, descobre e enriquece a historia.
Para participar, é necesario completar o formulario de inscrición e enviar o teu proxecto á seguinte dirección: concurso@eustory.es
Formulario: http://eustory.es/como-participar
Formulario: http://eustory.es/como-participar
Prazo: Os traballos teñen como data límite de presentación o 18 de agosto de 2019 ás 23 h59.
Formato
O formato de presentación é libre. Traballo escrito, presentación multimedia, desenvolvemento dunha páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado… Podes presentar o proxecto da forma que máis se adecue ao teu estilo.

Os traballos escritos poderán ter unha extensión máxima de 15.000 palabras. Os traballos audiovisuais non poderán superar os 30 minutos. O informe de procedemento debe ter 2.000 palabras como máximo. O informe do titor non debe superar as 500 palabras.
Premios
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
Ademais, a Fundación Körber- Stiftung convoca anualmente aos finalistas do concurso para presentar as súas candidaturas para participar nos Campus de Historia.
Máis información: http://eustory.es/reglamento/
No hay comentarios:
Publicar un comentario