domingo, 10 de febrero de 2019

IX concurso de fotografía de Oroso A muller traballadora



O Concello de Oroso convoca o IX concurso de fotografía de Oroso “A muller traballadora".
Poderán presentarse todas as persoas empadroadas en concellos da Comarca de Ordes e Santiago de Compostela.
Presentarase un sobre pechado, no que figure o nome e apelidos do participante e o concurso a que pertence que incluirá:
1º) Fotografías a concursar, coas seguintes limitacións:
a) O número de fotografías que pode presentar cada participante estará limitado a 3.
b) O formato das fotografías será de 20x30cm en papel fotográfico. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico. As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada.
A non presentación deste anexo implica quedar excluído/a no devandito concurso.
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora.
2º) CD coa fotografías en formato dixital no que figure o título.
3º) Anexo de autorización e uso de dereitos de imaxe.
prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de febreiro de 2019.
Premios
A. Premios en metálico CATEGORÍA XERAL para participantes maiores de 16 anos:
• 1º Premio : 250 €
• 2º Premio : 150 €
• 3º Premio : 100 €
B. Premios en especie CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.
• 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
• 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
• 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario