A
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta
unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego,
Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35
anos.
O
obxectivo principal deste concurso, organizado conxuntamente coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua
galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas
tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
-
1° Tablet SPC Gravity PRO
-
2° Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
-
3° Altofalante portátil DAEWOO
Categoría B (de 20 a 35 anos):
-
1° Ordenador portátil HP
-
2° Sistema de son NEVIR
-
3° Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.
Do
1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen
votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se
habilitará para o efecto.
As mensaxes gañadoras poderán consultarsenesta mesma páxinaa partir do 18 de marzo.
Para máis información, podes consultar as bases do concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario