domingo, 24 de febrero de 2019

Por si che interesa... Como será a ABAU...?

Como será a ABAU...?

No DOG do 21 de febreiro publícanse as instrucción da ABAU
A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas: parte obrigatoria e parte voluntaria.
parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:
abauobrigatoria

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse de forma voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.
abauvoluntaria
As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

As probas:
- O alumnado realizará os exercicios da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade nos lugares que determine a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).
- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes, entre as cales os e as estudantes deberán elixir unha.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:
1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.
Datas:
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):
- Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
- Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12
Ponderación de materias: http://ciug.gal/PDF/pond19.pdf
Exames (cursos pasados): http://ciug.gal/exames.php
Máis información:  http://ciug.gal/index.html

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Educación convcoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2019.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.
cuadro idiomas
O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 20 de marzo de 2019.
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019 en www.edu.xunta.es/axudasle

Proxectos de Actividades de Cooperación Transnacional (TCA)

Proxectos de Actividades de Cooperación Transnacional (TCA)
Convocatorias abertas de Actividades de Cooperación Transnacional (TCA) que ainda podes solicitar:

Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas
A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.
Prazos:
Convocatoria de maio de 2019. Matrícula: do 1 de abril ata o 15 de abril de 2019, ambos incluídos.
Convocatoria de setembro de 2019. Matrícula: do 22 de xullo ao 5 de agosto de 2019, ambos incluídos.
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019

Titulacións para embarcacións de lecer

Titulacións para embarcacións de lecer
A Consellería do Mar convoca exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Patrón/patroa para navegación básica.
– Patrón/patroa de embarcacións de lecer.
– Patrón/patroa de iate.
– Capitán/capitá de iate.
Idade mínima:
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas
Prazos:
Convocatoria de abril de 2019: do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de xullo de 2019: do 27 de maio ao 10 de xuño de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de decembro de 2019: do 28 de outubro ao 11 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass

Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass
Obxectivo: coñecer o modelo Europass de Curriculum Vitae e como organizar a información de xeito sinxelo e eficaz en función das experiencias formativas e/ou profesionais de cada persoa.

Destinatarios:  mocidade entre 18 e 30 anos.

Contidos.
1. Que é Europass e o Curriculum Vitae por compentencias.
2. Definir o perfil profesional.
3. Coñecer e identificar competencias.

Duración:  4 horas.
Data:  Luns 11 de marzo
Lugar:  Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela
Horario:  de 16:00 a 20:00 horas.
Prazas:  15
Prazo de inscrición:  do 21 de febreiro ata o 8 de marzo.
Inscrición na web xuventude.net utilizando o seguinte formulario:   FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico
A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico.
prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de febreiro de 2019.
Destinatarios/as:  aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 
Modalidade:  teleformación.
Duración:  60 horas. 
Datas:  do 12 de marzo ao 9 de maio de 2019.
Proba final presencial:  o día 9 de maio ás 10.00 horas.
Máis información no DOG do 19 de febreiro de 2019 e en https://egap.xunta.gal

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos gratuitos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Os cursos podrán ser presenciais ou cursos de teleformación.
Destinatarios/as dos cursos:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de 16 anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
Duración:
cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media como máximo.
prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 11 de marzo de 2019.
As solicitudes dos cursos están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL600A.
No caso dos cursos presenciais a solicitude dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda.
No caso dos cursos de teleformación a solicitude dirixirase á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Datas e horarios dos cursos: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.html
Máis información no DOG do 19 de febreiro de 2019 e en http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

Bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca

Bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca
O Ministerio Educación Superior e Ciencia de Dinamarca convoca 225 bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca, ás que poderán optar estudantes matriculados en licenciatura, mestría ou doutoramento.
A duración dos cursos é de tres semanas, impartidas no verán durante os meses de xullo e agosto de 2018, cun mínimo de tres horas ao día de formación no idioma danés, que están acompañadas de excursións e actividades culturais. Isto permite aos estudantes profundar no idioma á vez que coñecen a cultura danesa e o país.
Prazo: 1 de marzo de 2019

Bolsas para cursos de verán do idioma checo na República Checa

Bolsas para cursos de verán do idioma checo na República Checa

O Ministerio de Educación, Mocidade e Deporte da República Checa convoca todos os anos bolsas para participar nos cursos de verán do idioma checo en Praga, Brno e Olomouc. 
Convocatoria 2019:
7 bolsas
Data límite de entrega de solicitudes:  1 de marzo de 2019 ás 16:00h
As bolsas cobren a estancia en residencias universitarias en réxime de pensión completa, matrícula e excursións.
Solicitantes:
- maiores de 18 anos de idade;
- estudantes, profesionais (lectores, tradutores, intérpretes) ou traballadores académicos especializados nos estudos checos ou eslavos.
- españois ou estranxeiros con permiso de residencia en España;
Lugar de entrega de solicitudes:  Embaixada da República Checa, Avenida de Pío  XII, 22-24, 28016 Madrid (por envío postal ou persoalmente).
Cursos disponibles:
Universidade de Masaryk en Brno (20. 7. - 17. 8. 2019) - 3 bolsas
Universidade Carolina en Praga (26. 7. - 23. 8. 2019) - 2 bolsas
Universidade Palacký en Olomouc (20. 7. - 18. 8. 2019) - 2 bolsas

18 bolsas da Fundación Antonio Gala para impulsar a túa carreira artística

18 bolsas da Fundación Antonio Gala para impulsar a túa carreira artística
A Mocidade creadora pode solicitar ata o 31 de marzo as bolsas da Fundación Antonio Gala, que inclúen estancias na súa sede, en Córdoba, para impulsar o seu proxecto artístico.
Narrativa, teatro, composición musical, arquitectura, pintura ou escultura, entre outras, son algunhas das disciplinas para as que se poden solicitar xa as bolsas para mozos/as creadores da Fundación Antonio Gala.
O obxectivo desta convocatoria é que os mozos creadores poidan recibir formación e desenvolver o seu proxecto de creación durante o curso académico 2019-2020 (exclúense as datas relativas ao Nadal e os festivos de Semana Santa). Un período no que ademais convivirán con outros bolseiros para vivir unha experiencia dobremente enriquecedora.
Esta convocatoria inclúe un total de 18 prazas, hai tamén unha para investigación sobre a obra e figura de Antonio Gala, para gozar dunha estancia desde outubro do 2019 a maio de 2020 na sede da Fundación en Córdoba, na que se traballará non só no proxecto creador, senón tamén en estimular e promover a creación.
As bolsas inclúen o aloxamento e a manutención, á parte de comprender os espazos necesarios para desenvolver o proxecto creativo e os gastos de material, aínda que neste último caso a dirección da Fundación establecerá o límite económico segundo dispoñibilidade orzamentaria.
As bolsas, que se poden solicitar ata o día 31 de marzo, están dirixidas aos mozos e investigadores de calquera nacionalidade, de idades entre os 18 e 35 anos e que falen español. Tamén deben un proxecto de creación, que se desenvolverá sen a axuda de profesionais, aínda que se contará con mentores de prestixio nas distintas áreas.
Quen cumpra os requisitos, deben enviar a documentación en papel impreso, indicando “Convocatoria de axudas á creación 2019-2020” á Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores. Se se envían desde fóra de España, o proceso tense que facer por email.
Entre os documentos que enviarán figura a ficha de inscrición cumprimentada, o currículo artístico, certificación académica no caso de músicos, fotocopia do DNI, o proxecto e outra documentación que permita avalar o labor creativo como, por exemplo, obras publicadas, books… Tamén se poden achegar cartas de referencia, que serán valoradas.

Premio de poesía Carme Villaverde

Deseño orixinal de Sofía Rodríguez DuarteO Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro, convoca a sexta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.
BASES:
1- Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2019.
2- Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
3- Remitiranse cinco exemplares en papel en formato DIN A-4.
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais do autor: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda.
4- As obras deberán ser enviadas ao
“ VIII Premio de poesía Carme Villaverde“
IES Nº1 de Ordes, Rúa Nicolás del Río, s/n
15680 Ordes,  A Coruña
5- Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable.
6- O xurado estará formado por profesorado de lingua e literatura.
7- O prazo de presentación estará aberto ata o 3 de maio de 2019 ás 14:00 horas.
8- O veredito do xurado darase a coñecer o día 10 de maio de 2019 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente ao premiado.
9- A entrega do premio terá lugar nun acto que se celebrará na Casa da cultura de Ordes a día 24 de  maio ás 19:00 horas.
10- A obra gañadora será publicada na revista do centro "Para iso, para nós".

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil
A Rede Galega de información xuvenil, cumpre en marzo 25 anos da súa creación.
O logo identificativo desta Rede creouse no ano 1994.
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quere contar coa participación de todas e todos os Correspondentes Xuvenís para adaptar o logo actual aos novos tempos, cun deseño máis moderno e vangardista. Por iso, animámosvos a participar neste concurso de ideas para diseñar un logo, tendo en conta que os correspondentes sodes o primeiro chanzo na tarefa conxunta de promover e achegar a información xuvenil á mocidade.

Cada centro poderá presentar un número máximo de tres logos.
O logo que sexa seleccionado utilizarase no Encontro Autonómico de información xuvenil “25 Anos da Información Xuvenil” .
O/a correspondente ou correspondentes gañador/a obsequiarase con material da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Presentación: Os logos presentados enviaranse ao correo: ccoordinador.xuventude@xunta.gal
Co envío do logo, debe engadirse o centro, e o nome do correspondente ou correspondentes participantes.
prazo de presentación dos logos está aberto ata o 14 de marzo de 2019.

lunes, 18 de febrero de 2019

Cando hai que ir por primeira vez ao xinecólogo/a?

Cando hai que ir por primeira vez ao xinecólogo/a?

Artigo publicado no suplemento YES da Voz de Galicia do 2 de febreiro de 2019, nel Noa Tilve, psicóloga e coordinadora dos centros Quérote+ fala das charlas impartidas en centros educativos a adolescentes e das dúbidas e inquietudes expostas polos mozos e mozas que acuden a estas charlas.
Podes contactar cos centros Quérote+ a través de WhatsApp no 647 018 752

domingo, 17 de febrero de 2019

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
  1. alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
  2. alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019
Pódense consultar as bases completas do concurso no PDF que se anexa.
Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos:
Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360
Asesoría de Igualdade (C. Educación): 881 997 598

viernes, 15 de febrero de 2019

Concurso. Nova edición de Lingua de namorar 2019

Nova edición de Lingua de namorar 2019
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal deste concurso, organizado conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Tablet SPC Gravity PRO
  • Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
  • Altofalante portátil DAEWOO

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  • Ordenador portátil HP
  • Sistema de son NEVIR
  • Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
As mensaxes gañadoras poderán consultarsenesta mesma páxinaa partir do 18 de marzo.

Para máis información, podes consultar as bases do concurso.

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España:
- Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí.
- Marrocos: Atlas trekking solidario.
- Marrocos: trekking costa solidario
- Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas.
- Traballo con nenos  talibés en Senegal.
- India: a orixe do Ganges
Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks
PIJ Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.
Beneficiarias
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en https://www.cultura.gal/es

Proxectos de Xuventude no exterior

Proxectos de Xuventude no exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións aos seguinte programas:
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.
Proxectos subvencionables promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia:
1. Formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas e das institucións e asociacións sen fins de lucro e mellora de habilidades directivas.
2. Intercambios xuvenís de grupos da mocidade pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
3. Formación específica da mocidade para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
4. Promoción de actividades deportivas que fomenten a relación entre a xuventude de orixe galega.
5. Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.
6. Realización de actividades culturais relacionadas con Galicia (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao conxunto de mozos e mozas da colectividade.
7. Creación de foros de debate e intercambio cultural entre a mocidade da emigración e a mocidade galega, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de marzo de 2019
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co procedemento PR924B
Máis información no DOG do 11 de febreiro de 2019 e en http://emigracion.xunta.gal

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil


Buscamos un logo para a rede de información xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil, cumpre en marzo 25 anos da súa creación.
O logo identificativo desta Rede creouse no ano 1994.
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quere contar coa participación de todas e todos os Correspondentes Xuvenís para adaptar o logo actual aos novos tempos, cun deseño máis moderno e vangardista. Por iso, animámosvos a participar neste concurso de ideas para diseñar un logo, tendo en conta que os correspondentes sodes o primeiro chanzo na tarefa conxunta de promover e achegar a información xuvenil á mocidade.
Cada centro poderá presentar un número máximo de tres logos.
O logo que sexa seleccionado utilizarase no Encontro Autonómico de información xuvenil “25 Anos da Información Xuvenil” .
O/a correspondente ou correspondentes gañador/a obsequiarase con material da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Presentación: Os logos presentados enviaranse ao correo: ccoordinador.xuventude@xunta.gal
Co envío do logo, debe engadirse o centro, e o nome do correspondente ou correspondentes participantes.
O prazo de presentación dos logos está aberto ata o 14 de marzo de 2019.
LOGO RIX

Este é o logo que cumpre anos...

 Máis información:
Centro Coordinador de información xuvenil: 881 997 606
informacion.xuventude@xunta.gal

Premios Exército 2019

Premios Exército 2019
A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019.
Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
Beneficiarios:
Poderán optar aos Premios Exército 2019 na disciplina de Ensino escolar os participantes e, no seu caso, beneficiarios serán centros docentes públicos e privados -concertados e non concertados- de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.
Modalidades: Pintura Xeral, Pintura Rápida, Fotografía, Miniaturas Militares, Ensino Escolar e Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Lugar de entrega dos traballos:
http://www.ejercito.mde.es/Galerias/Descarga_pdf/EjercitoTierra/premios-ejercito/2019/9_plazos_lugar_entrega_trabajos.pdf
Prazos:
Pintura Xeral: 18 de marzo ao 12 de abril de 2019
Pintura Rápida: 18 de maio de 2019
Fotografía: 18 de marzo ao 5 de abril de 2019
Miniaturas Militares: 6 de abril de 2019
Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais: 18 de marzo al 5 de abril de 2019
Ensino Escolar: 18 de marzo ao 5 de abril de 2019
Premios:
Pintura
Pintura Xeral: 1º Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Pintura Histórica: 1º Premio: 4.000 €, Placa e Diploma
Pintura Rápida: 1º Premio: 2.500 €, Trofeo e Diploma e 2º Premio: 1.500 €, Placa e Diploma
Fotografía
Mellor serie: 1º Premio: 3000 €, Trofeo e Diploma
Mellor fotografía publicada nun medio de comunicación: 1º Premio: 1.500 €, Trofeo e Diploma.
Miniaturas Militares
Máster (Dioramas ou Viñetas): 1º Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Figuras): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Materiais): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Estándar (Dioramas ou Viñetas): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Figuras): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Materiais): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Miscelánea): 1º Premio: Placa e Diploma
Ensino Escolar
Nivel A € Educación Primaria. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Nivel B € Educación Secundaria. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Nivel C € Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais: 1º Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Máis información: http://www.ejercito.mde.es/premios-ejercito/index.html

Microrrelatos da Real Academia Galega e de Puntogal


A Asociación Puntogal e A Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
1. Participación
a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
b) Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
2. Sobre os textos/microrrelatos
a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
b) O tema dos microrrelatos é libre.
c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
d) As obras terán como máximo 200 palabras (título incluído), que poderán acompañarse de imaxes, ligazóns ou vídeos.
e) Os textos presentaranse co seguinte formato: .docx, Arial, 12 puntos, interliñado 1,15.
3. Normas sobre o envío de textos
a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao enderezo actividades@academia.gal
b) No correo deberá figurar como asunto: Certame de microrrelatos. Infantil/Xuvenil/Adultos (a categoría que corresponda), e acompañarase de dous documentos (A e B) en formato .docx.
- Documento A. Nomearase co Título do microrrelato e conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.
- Documento B. Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato-Pseudónimo, e conterá os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico, teléfono e copia dixital do DNI.
c) No caso de que o concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada polo pai, a nai ou o/a titor/a legal cos seus datos correspondentes (pódese descargar un modelo en http://asociacion.dominio.gal/documentos/).
O prazo para a presentación de textos estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Categorías
Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: de 12 a 17 anos
Adultos/as: a partir dos 18 anos
Premios
Infantil
- Primeiro premio: Lego Boost, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: un lote de libros infantís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Xuvenil
- Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: Kindle, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Persoas adultas
- Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Terceiro premio: un lote de libros, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
http://asociacion.dominio.gal/wp-content/uploads/2019/01/bases-certame-2019.pdf

XXI Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís



"Acuarela de Razo" de Juan Rodríguez Pazos. Premio Especial Carballo na pasada edición

O Concello de Carballo convoca a XXI Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm)
Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Premios:
Primeiro premio:  1.500 € e diploma.
Segundo premio:  750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo  á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.  
Presentación:  
As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.
Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.
É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:
Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
Solicitude de participación na que conste:
Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 25 de marzo de 2019.

Máis información no BOP da Coruña do 11 de febreiro de 2019 e en http://www.carballo.org

Concurso de Poesia da Asociación Cultural O Facho


Concurso de Poesia da Asociación Cultural O FachoA Agrupación Cultural O Facho convoca o Concurso de Poesia 2019.
Ao premio de poesia poderán concorrer qualquer persoa ata os 35 anos de idade e sempre que non teña publicado nengún libro individual de poesia e a obra sexa inédita e non ter sido premiada con anterioridade en calquer outro concurso ou certame.

A obra presentada debe estar escrita en língua galega en qualquer das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e con un máximo de unha obra por autor.

Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.
O premio será a edición da obra premiada. Ao autor/a entregaránselle 15 exemplares.
O prazo para preentar obras estará aberto ata o 15 de abril de 2019.
Máis información en http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

domingo, 10 de febrero de 2019

Iniciativa Xove 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Áreas de atención prioritaria:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
Requisitos:
- As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
- O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.
- Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.
Proxectos:
Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. 
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2019 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

O "revenge porn", unha forma de ciberviolencia de xénero


A publicación na internet non consentida de imaxes íntimas coa única finalidade de facer dano supón unha forma de violencia machista exercida por homes contra as súas parellas ou exparellas.
Trátase dunha práctica moi estendida que afecta tamén a mulleres adolescentes e a mozas de cada vez menor idade. As vítimas deste delito sofren unha violación de dereitos tan vulnerables como a imaxe e a intimidade.
Por iso, con motivo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos e a Privacidade, o Concello de Las Palmas de Gran Canaria,  Injuve, Twitter e Pantallas Amigas uniron forzas para deseñar unha campaña que se presenta como berro de repulsa contra a violencia de xénero na contorna dixital. A campaña componse dun vídeo de sensibilización animado de seis minutos de duración que se acompaña de dúas imaxes que sintetizan dúas claras mensaxes:
- “Que consentise que vos gravedes, non che dá dereito a compartir nunca esas imaxes, aínda que ti tamén as protagonices”.
- “Difundir imaxes íntimas da túa noiva ou ex sen o seu consentimento é unha forma de violencia de xénero e un delito moi grave”.
O material exposto para este proxecto realizouse tanto en castelán como en inglés para chegar ao maior público posible. Ademais, existe unha versión reducida do capítulo animado que permite a súa mellor adecuación ás diversas plataformas de difusión na internet.
A campaña pódese visitar nesta ligazón: www.respetoimagenesintimas.com

XII Certame de Poesía Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos convoca o XII Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
- O tema e libre.
- As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
prazo de entrega das poesías estará aberto ata o 28 de febreiro.
Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive
Máis información na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.gal/noticias/2019/01/23/xii-certame-poes-concello-mugardos-2019