miércoles, 5 de diciembre de 2018

Regueifiñas 2019. Competición de debate escolar.



Regueifiñas é unha competición de debate escolar, iniciativa da USC, mantendo o formato de Regueifas de Ciencia, é dicir, de tipo Oxford.
É importante que consultes as bases completas aquí. 
Descárgaas e estúdiaas con calma.  Aínda así, a continuación podes ver un pequeno resumo:
QUEN PODE PARTICIPAR?
Estudantado de centros galegos de 3º e 4º da ESO, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.
COMO SE PODE PARTICIPAR?
É necesario facer unha presinscrición neste formulario antes do 12 de decembro. Haberá que enviar o vídeo coa candidatura antes do 1 de febreiro. Os dous finalistas competirán entre si en Santiago de Compostela no mes de marzo.
PREMIOS
O debate final celebrarase en Santiago de Compostela e será retransmitido por streaming. Regueifiñas convidará aos equipos finalistas e aos seus compañeiros de clase, facéndose cargo dos gastos de desprazamento. Ademais do debate, os finalistas e compañeiros gozarán de diferentes e especiais visitas guiadas no campus universitario.
Os finalistas gañarán, por chegar á final, unha suscrición para os seus centros da revista Investigación y Ciencia e unha camiseta oficial de Regueifas de Ciencia.
O equipo gañador levará camisetas para todos os compañeiros e compañeiras de clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario