miércoles, 5 de diciembre de 2018

Concurso de carteles para anunciar TEATROFILIA 2019



A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2019. As bases do concurso son:
PARTICIPANTES
- Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.
- Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
- Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.
- Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.
- O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).
- Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).
- No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra
- É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/
- Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.
- O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.
PRESENTACIÓN
- A data límite para a presentación de carteis é o 10 de xaneiro de 2019.
-  Os participantes deberán presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e a identificación (nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico, data de nacemento no caso de ser participante do accésit infantil) do autor/a ten que presentarse nun sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte informático.
- Os sobres pechados xunto cos carteis poderanse presentar ata o 10 de xaneiro (inclusive) na Casa do Concello de Vedra ou a través de correo postal:
Asociación Cultural Papaventos
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra (A Coruña)
Tanto nos sobres enviados por correo postal como nos presentados na Casa do Concello de Vedra deberá figurar na parte exterior o asunto: XIV Concurso de Carteis Teatrofilia 2019
PREMIOS
- O autor/a do cartel gañador será premiado con 250 euros.
- Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira.
- Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12 anos)

Máis información na Asociación Cultural Papaventos - Andaravía Teatro
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra A Coruña
ac_papaventos@yahoo.es
www.asociacionpapaventos.blogspot.com
Teléfono: 626 937 587 e 686 181 861

No hay comentarios:

Publicar un comentario