domingo, 9 de junio de 2019

As políticas de emprego xuvenil a exame

Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo
A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. 
A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018.
Convídase a todos os cidadáns e organizacións a achegar a súa contribución a esta consulta. Agradeceranse especialmente as contribucións de: 
- Mocidade, sobre todo aqueles que non estudan, traballan nin reciben formación, independentemente de que estean a recibir ou non apoio do Fondo Social Europeo ou da Iniciativa de Emprego Xuvenil
- As organizacións que participan na xestión dos programas operativos do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, como os Estados membros, as autoridades de xestión, os organismos intermedios e os interlocutores sociais e doutro tipo
- As organizacións que participan na execución das operacións do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil como beneficiarios ou socios de proxectos: organismos públicos, organizacións non gobernamentais e municipios
- Outras organizacións que representan aos mozos ou traballan con eles, ou que están activas a nivel local, nacional ou da UE no ámbito do apoio ao emprego e as políticas activas do mercado de traballo.
A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea.


Axudas Injuve para a Creación Nova 2019


O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade.
Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Mobilidade de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala  Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2019
Contía:
A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.
O Dossier de proxecto: 
Nel deberá constar: A descrición conceptual, técnica e de execución do proxecto; o calendario previsto de realización durante o ano 2020; o orzamento total estimado de execución do proxecto; e no seu caso, relación doutras axudas e subvencións solicitadas ou recibidas para o mesmo proxecto que se solicita a Axuda.
Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso.
Dossier de traballos realizados. Poderanse incluír enlaces web para o  visionado das obras, perfís de redes sociais, ou calquera outro medio no que se poidan consultar os traballos realizados.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en www.injuve.es

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"


A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.
Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago.
prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019.
1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos. O tema de fondo será “A vida como camiño” e deberá manter unha vinculación explícita ou implícita co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario.
3. Será outorgado un único premio dotado con 1.500 €. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. O gañador ou gañadora recibirá dez exemplares da obra publicada.
4. Cada autor ou autora poderá presentar só unha obra ao concurso.
5. Os autores remitirán as súas obras á seguinte dirección:
Academia Xacobea
Pazo de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela. A Coruña
- De cada obra presentaranse dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo.
Os exemplares deberán ser presentados anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o título da obra, especificando: PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO”.
- O sobre deberá conter, ademais, outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico e breve currículo (non máis de dez liñas), e unha declaración expresa de que a obra non ten sido premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin foi obxecto de publicación.

XV Certame Artes Plásticas Diputación de Ourense


A Deputación Provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas, convoca o  XV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.). Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase utilizar calquera tipo de técnica e material. Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura:  non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura:  terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas:  Medidas libres
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Prazo de presentación de solicitudes:  ata o 15 de xuño de 2019.
Requisitos:  Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
Dotación
Primeiro premio: 3.000 euros
Segundo premio: 2.000 euros
Terceiro premio: 1.000 euros
Dous accésits de 500 euros cada un

Premio Impulsarte by Petit Palace


Ata o próximo 23 de xuño queda aberta a convocatoria para o Premio Impulsarte by Petit Palace dirixido a artistas de ata 35 anos de idade e residentes en España.
Entre 10 e 15 finalistas terán a oportunidade de formar parte dunha exposición colectiva como parte da programación de  HYBRID Festival do 13 ao 15 de setembro no hotel  Petit  Palace  Savoy Alfonso  XII, un hotel situado nun antigo palacete do século XIX en Madrid.
Durante os días da exposición, un xurado de expertos do mundo da arte valorará as obras e escollerá como gañador a un dos artistas. O premio consiste nun só  project en  HYBRID  Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.
Aceptaranse traballos en pintura, escultura, obra gráfica orixinal, fotografía,  videoarte ou instalación. No caso de que se trate de obra tridimensional ou obra de especiais características, a solicitude deberá acompañarse das instrucións necesarias para a montaxe. Cada artista poderá presentar de 1 a 3 pezas. A aceptación de múltiples pezas realizarase a condición de que haxa unha coherencia entre as mesmas (pertenzan á mesma serie ou se complementen).
O gañador do Premio Impulsarte by Petit Palace comprométese a participar na cuarta edición de HYBRID Art Fair que terá lugar do 28 de febreiro ao 1 de marzo de 2020 no hotel Petit Palace Santa Bárbara.
Requisitos
A participación está aberta a artistas de calquera nacionalidade, residentes en España e ata os 35 anos de idade incluídos. Poderán volver presentarse artistas seleccionados en anteriores edicións da convocatoria pero quedan excluídos os artistas que xa gañasen o premio noutra ocasión.
Dotación: O premio consiste nun só  proxecto en HYBRID Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.
Máis información: festival@hybridart.es e www.hybridfestival.es

domingo, 26 de mayo de 2019

Cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e bolsas para participar


A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2019 e bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia a estas actividades académicas que se celebrarán nas sedes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo durante o ano 2019.
Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario que se solicite.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo alumno.
Requisitos:
- Estar matriculado no curso académico 2018/2019 ou 2019/2020 nos estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutor nunha Universidade española ou do EEES.
- ter finalizado con anterioridad al curso académico 2018/2019 cualquiera de los estudios oficiales Os solicitantes deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 sobre base 10.
Prazo de solicitude das bolsas:  pendientes de publicación na web da UIMP, http://www.uimp.es/actividades-academicas.html
As solicitudes de bolsas cursaranse telemáticamente a través da páxina web da Universidade

Campos de Traballo para mozos e mozas de orixe galega ou descendentes que residan no exterior


A Secretaría Xeral da Emigración convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
O programa consistirá na participación nun Campo de Traballo en Portomarín.
Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. 
Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados aéreos das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes de ida e volta en avión. Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída.
Requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Censo electoral de residentes ausentes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes no programa deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
f) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
g) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano desta convocatoria.
Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario PR930C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
prazo estará aberto ata o 6 de xuño de 2019
Máis información no DOG do 6 de maio de 2019 e en http://emigracion.xunta.gal/