domingo, 26 de mayo de 2019

Certame artístico para a mocidade Palmajove-Casa Planas


Con motivo do 30 aniversario de Palmajove, o Centro de Información Xuvenil da área de Igualdade, Mocidade e Dereitos Cívicos do Concello de Palma organiza, coa coprodución de Casa Planas, un certame dirixido a novos artistas, creadores, pensadores e makers co obxectivo de darlles apoio para mostrar e difundir as súas obras, creacións, traballos e proxectos de instalación, investigación, intervención efémera, arte sonora, new-media, deseño, arquitectura, performativos e todo aquilo inclasificable e transdisciplinario da creación.
Requisitos: poden presentarse mozos e mozas de entre 14 e 35 anos de calquera nacionalidade e residencia. As obras e propostas presentadas deben ser producidas a partir dalgunha das 3 imaxes propostas do Arquivo Casa Planas:
O certame consistirá nun exercicio de apropiación e memoria desde diferentes aproximacións teóricas, linguaxes e soportes.
Debe presentarse un escrito-proxecto que describa as obras e/ou un esbozo visual (as obras presentadas poden ser propostas e por tanto non estar producidas).
Unha copia da obra gañadora da convocatoria formará parte do Art Investigation Programme, un programa de produción e investigación artística para dar continuidade e revisión continua ao Arquivo Casa Planas.  Exemplo de obras e proxectos
Valoraranse especialmente:
1. Os proxectos que ofrezan visións e discursos innovadores sobre a imaxe, a historia ou a sociedade.
2. As linguaxes interdisciplinarias e/ou que busquen a interacción co público.
Prazo: os proxectos das obras poden presentarse ata o día 12 de xullo de 2019 mediante o formulario de inscrición ao certame
Premio: o premio consistirá nun vale para material en Foto Ruano Prol Servizos Profesionais (valorado en 500 €).
Comunicación do/da gañador/a e entrega do premio: Farase pública a decisión do xurado, comunicarase o/a gañador/a e farase o acto de entrega do premio en  Palmajove ( c. de Sant  Pere, 6, Palma), o luns día 12 de agosto de 2019, na celebración do Día da Mocidade.
Máis información en http://www.palmajove.es/
Teléfono 971 725 501
Whatsapp 663 200 411 

III Concurso de Fotografía co móbil "Así é o meu pobo"



Por tercer ano consecutivo a Omix Mondariz e a Biblioteca Municipal do concello de Mondariz organizan o III Concurso de Fotografía co Móbil "Así é o meu pobo" dirixido á mocidade de 12 a 18 anos.
O obxectivo deste concurso é a celebración do mes das letras, fomentado o uso do galego a través das novas tecnoloxías e relacionándoo co entorno e a paisaxe de Mondariz.
O concurso premiará as fotografías nas que apareza unha imaxe dalgún escenario ou recuncho identificable de Mondariz e deberán ir acompañadas dun texto en galego que non supere as 30 palabras.
Haberá tres grandes premios:
- 1º clasificado/a – un teléfono móbil (Smartphone)
- 2º clasificado/a – unha tablet
- 3º clasificado/a – un lote de libros
Tendes ata o día 3 de xuño para enviar as fotografías.
Para máis información: Pasade pola Biblioteca Municipal, chamade ao 986 664 306 de 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h ou no correo electrónico biblioteca@concellodemondariz.com De 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h

Novo concurso en marcha!


Concurso #REAJconCanarias como conmemoración do Día das Illas Canarias que se celebra o 30 de maio.
Qué tes que facer?
Deixa un comentario no seu post de Facebook e/ou Instagram decindolles cal é túa Illa favorita e con quén te irías.
Etiqueta a esa persoa e non te olvides de incluir o seu hashtag #REAJconCanarias
Lembra seguilos‼️
Participa, comparte, difunde e gaña unha viaxe ás Illas con aloxamento nun dos seus albergues REAJ!
Prazo ata o 2 de xuño de 2019

Premios Estatais ao Voluntariado Social


A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social
Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan:
a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social.
b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas.
Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019
Máis información no BOE do 14 de maio

martes, 30 de abril de 2019

Campamentos de Verán 2019

Campamentos de Verán 2019A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019
Servizos ofertados:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
A incorporación terá lugar o día de inicio da quenda correspondente entre as 11.00 e as 12.30 horas. A recollida terá lugar o último día da quenda entre as 16.00 e as 18.00 horas..
Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia.
Idades:
a) As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
a) Facer constar a súa condición no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.
b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.
Adxudicación das prazas
a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
Campamentos e quendas:  http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2019/anexos/gal_2019-ANEXO_IA.pdf
Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Oferta campos de voluntariado en Galicia, 2019


boton Solicita
A CORUÑA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Modalidade

Ámbito

150001 Castro de Montesclaros A Laracha A Coruña 01/08/2019
12/08/2019
18-30 5 GALICIAESPANA Medioambiental Nacional
150002 Alí, Xaz Ponteceso A Coruña 13/08/2019
24/08/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental e etnográfico Internacional
150003 Horta do muiño Outes A Coruña 22/07/2019
02/08/2019
18-30 6 GALICIA
ESPANA
Medioambiental e social Internacional
150004  Via Xacobea: Vía da Prata Vedra-Boqueixón A Coruña 13/07/2019 24/07/2019 18-30 5 GALICIA
ESPANA
Medioambiental, arqueolóxico e patrimonial Internacional
150005 Dunas de Corrubedo Ribeira A Coruña 15/08/2019 26/08/2019 18-30 6 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
150006 Monte da Espenuca Coirós A Coruña 16/08/2019
27/08/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Nacional
150007 Vilarbó As Pontes A Coruña 20/07/2019 31/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
150008 Castro de Socastro Rois A Coruña 02/08/2019 13/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Arqueoloxía Internacional

LUGO:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Modalidade

Ámbito

270001 Casa da Neveira Xermade Lugo 09/07/2019
20/07/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Arqueolóxico Internacional
270002 Castro e romeria de San Lourenzo A Pobra do Brollón Lugo 04/08/2019
15/08/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Festival e arqueolóxico Internacional
270003 Castromaior Portomarín Lugo 20/08/2019 29/08/2019 18-30 10 GALICIA
ESPANA
Arqueolóxico Autonómico e da Galicia Exterior
270004 Da auga e da pedra Guitiriz Lugo 20/07/2019 31/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Festival, cultura e gastronómico Internacional
270005 Fervenza do Pombar Quiroga Lugo 02/07/2019 13/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
270006 O Courel Folgoso do Courel Lugo 22/07/2019 02/08/2019 18-30 6 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Nacional
270007 Rota do románico Ferreira de Pantón Lugo 02/08/2019 13/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Patrimonial Internacional

OURENSE:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Modalidade

Ámbito

320001 Riós, un mar de castiñeiros Riós Ourense 12/07/2019 23/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
320002 Actívate Ourense Ourense 31/07/2019 11/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental e social Internacional
320003 Parque natural do Xurés Muiños Ourense 17/08/2019 28/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
320004 Do audiovisual galego Celanova Ourense 15/07/2019
26/07/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Audiovisual Internacional
320005 Esgos Esgos Ourense 12/07/2019 23/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Etnográfico Internacional
320006 Manzaneda Manzaneda Ourense 21/08/2019 01/09/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
320007 Parque natural do invernadoiro Vilariño de Conso Ourense 06/08/2019 17/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional

PONTEVEDRA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Modalidade

Ámbito

360001 Un rural de cine: "A muller é vida" Cerdedo-Cotobade Pontevedra 31/07/2019 11/08/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Audiovisual e social Internacional
360002 Natureza e patrimonio xunto ao mar Vilanova de Arousa Pontevedra 11/07/2019
22/07/2019
18-30 4 GALICIA
ESPANA
Medioambiental e mariño Internacional
360003 A terra que habita no mar O Grove Pontevedra 01/09/2019
12/09/2019
18-30 6 GALICIA
ESPANA
Medioambiental e patrimonial Internacional
360004 Pendellos de Agolada Agolada Pontevedra 20/07/2019 31/07/2019 18-30 4 GALICIA
ESPANA
Festival e social Internacional
360005 Illas Cíes I Vigo Pontevedra 01/07/2019 12/07/2019 18-30 11 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
360006 Illas Cíes II Vigo Pontevedra 15/07/2019 26/07/2019 18-30 11 (*) GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
360007 Illas Cíes III Vigo Pontevedra 02/08/2019 13/08/2019 18-30 11 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
360008 Illas Cíes IV Vigo Pontevedra 17/08/2019 28/08/2019 18-30 11 GALICIA
ESPANA
Medioambiental Internacional
(*) 2 prazas reservadas para persoas con discapacidade