miércoles, 29 de abril de 2015

Contra a violencia de xénero

 hai_saida
Campaña Hai Saída do Ministerio de Sanidade contra a violencia de xénero.

Video: https://www.youtube.com/watch?v=C5C38DrQPqw&feature=youtu.be
Cartel: http://www.msssi.gob.es/campannas/campanas15/pdf/HaySalidaGallego.pdf

Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero: 016

miércoles, 22 de abril de 2015

CAMPOS DE TRABALLO en Galicia, España e estranxeiro

 


A Consellería de Traballo e Benestar ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de lecer, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2015.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Novidade nesta Campaña de verán, as quendas IMPLÍCA-T, para mozos e mozas de 14 a 17 anos, engaden un compoñente máis activo e participativo, cunha programación que, ademais das actividades de ocio, incluirá outras que supoñen unha implicación real a través de accións que evidencien o seu compromiso e achega á sociedade, incorporando actuacións de voluntariado e participación como poden ser a limpeza de praias e outros espazos naturais, a colaboración activa na defensa contra incendios, a dinamización do Camiño de Santiago, a implicación cos colectivos máis desfavorecidos etc.
A finalidade é facilitar que os mozos e mozas adquiran e desenvolvan valores, actitudes e aptitudes como o compromiso, a responsabilidade, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo, a iniciativa, a comunicación... que, ademais, son altamente recoñecidos polos empregadores actuais.

Máis información en:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Campus de Profundización Científica para estudantes de 4º de ESO


O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no ano 2015, no Programa Campus de afondamento científico para estudantes de secundaria en Soria, durante o mes de xullo de 2015.

Finalidade do campus:
O obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, ao tempo que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

 
Datas:
O Campus de afondamento científico realizarase no IES «Virgen del Espino» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
1ª quenda: Do 6 ao 16 de xullo de 2015.
2ª quenda: Do 17 ao 27 de xullo de 2015.

Requisitos:
a) Alumnos que no curso escolar 2014/2015 estean a cursar ensinanzas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos
b) Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2013/2014 superior ou igual aos 9,0 puntos.
c) Que durante o curso 2014/2015, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas B, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

A axuda cobre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como dende este ata os seus domicilios será por conta dos alumnos.

A Real Sociedade Española de Física será a encargada da organización e coordinación das actividades que se desenvolvan.

Solicitudes:
https://sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios"

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en https://rsef.es/

PROGRAMA Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas en verán

 O Ministerio de Educación convoca axudas para 700 alumnos de centros educativos españois, para a participación na actividade de recuperación e utilización educativa dos pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara), durante o verán de 2015.

Requisitos do alumnado:
- 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Formación Profesional Básica e Programas de Cualificación Profesional.
En calquera caso, a idade máxima para a participación na convocatoria será de 18 anos acreditada no fin do prazo de solicitude.

Quendas:
Os alumnos participantes desenvolverán as súas actividades en períodos de 7 días, de luns a domingo, nas seguintes quendas:
- Alumnos de 3º e 4º de ESO, de Formación Profesional Básica e de Programas de cualificación profesional inicial:
1ª quenda: Do 6 ao 12 de xullo.
2ªquenda: Do 13 ao 19 de xullo.
- Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio:
3ª quenda: Do 20 ao 26 de xullo.
4ª quenda: Do 27 de xullo ao 2 de agosto.

Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo de forma particular en https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios»

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poñerá a disposición dos alumnos beneficiarios un autobús que os trasladará ao pobo asignado dende a estación de ferrocarril ou autobuses máis próxima a este de acordo coas instrucións de participación. O traslado dende o domicilio ata ese punto de encontro correrá por conta dos interesados, e viceversa á finalización da actividade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2015.

Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/extraescolares.html

PROGRAMA Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas


O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" nas quendas outono e primavera, destinado a alumnado de:
- 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Bacharelato.
- Formación Profesional de Grao Medio.
- Programas de Cualificación Profesional Inicial.


As actividades desenvolveranse en pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara)

Os grupos de alumnos participantes e os seus profesores desenvolverán as actividades en períodos semanais de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo coa seguinte distribución temporal:
Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Programas de cualificación profesional inicial
- Primavera: entre o 24 de maio e o 20 de xuño de 2015.
- Outono: entre o 20 de setembro ao 17 de outubro de 2015.
Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio.
- Outono: entre o 18 de outubro e o 28 de novembro de 2015.

Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo a través da Dirección dos seus centros, formando grupos de 20 a 25 alumnos que serán acompañados por un ou dous profesores dos que habitualmente lles impartan clase. Os grupos de Centros de Educación Especial que participen deberán respectar a seguinte ratio profesor/alumno: un profesor acompañante máis, tres en total, por grupo de 20 a 25 alumnos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 15 de abril de 2015

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/extraescolares.html

CONCURSO Videos en inglés


Oxford University Press España lanza un concurso para alumnos de Primaria e outro para Secundaria e Bacharelato. Os alumnos gañadores de Primaria poderán conseguir un iPad Air de 16 Gb, para cada un deles e o seu profesor de Inglés. Pola súa banda, os estudantes de Secundaria e Bacharelato poderán obter unha viaxe de fin de semana a Oxford para toda a clase xunto co profesor de Inglés e outro membro do centro.

Concurso oxford primaria.
Para o concurso de Primaria, o profesor de Inglés deberá traballar cos seus alumnos nun vídeo dunha duración inferior a dous minutos e que estea vinculado a 'community values'. Algúns exemplos de proxectos poden ser: como manter limpa a túa cidade, como fomentar o respecto cara a outras culturas, a importancia da educación vial, etcétera. O vídeo debe estar enteiramente realizado en inglés e para participar será necesario subilo a YouTube. Máis información sobre o concurso e como participar neste enlace.

Concurso oxford secundaria
Para o concurso de Secundaria e Bacharelato, o profesor de Inglés deberá traballar cos seus alumnos nun vídeo dunha duración inferior a dous minutos e que estea relacionado cunha cápsula do tempo. O vídeo debe estar enteiramente realizado en inglés e para participar será necesario subilo a YouTube. Máis información acerca do concurso e sobre como participar neste enlace.

Datas
O último día para inscribirse no concurso será o 12 de maio de 2015.
A votación para a elección de finalistas será do 18 ao 24 de maio de 2015.
O gañador de cada un dos concursos decidirase o día 26 de maio de 2015. Sete días despois do fallo do concurso, publicaranse os gañadores en redes sociais e na web de Oxford.

Sistema de votación
Os finalistas serán elixidos a través dunha landing de votación aberta ao público. O límite será dun voto por vídeo (a limitación establecerase vía IP). E, por último, un panel de expertos de Oxford University Press España elixirá o gañador tanto de Primaria coma de Secundaria e Bacharelato de entre os oito finalistas.

Más información:
http://online.oupe.es/ELT/OxfordCompetitions/?utm_source=home&utm_medium=slider&utm_campaign=OxfordCompetition

XXVIII Certame Mozos Investigadores



O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.

A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Requisitos:
Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de 3 persoas, mozos/as que cumprisen, 15 anos antes do 31 de decembro de 2015 e que non cumprisen 20 anos a 30 de setembro de 2015. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con minusvalidez.
Os participantes, tanto se son alumnos dun centro docente coma se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2014-2015 en centros docentes españois de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
Tanto os equipos, coma os participantes a título individual, deberán ser coordinados por un profesor do centro ao que pertenzan ou, en caso de asociacións por algunha persoa que exerza funcións de animación ou dirección nestas.

Premios:
a) Premio Especial do Certame Mozos Investigadores, de 6.000 €.
b) Ata un máximo de 8 primeiros premios, de 4.000 € cada un. Destes premios, cinco están destinados a premiar os mellores traballos das áreas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas, Ciencias da Terra e da Vida e Tecnoloxía e Enxeñaría.
c) Ata un máximo de 10 segundos premios, de 3.000 € cada un.
d) Ata un máximo de 9 terceiros premios, de 2.000 € cada un.
e) Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un.
f) Premio de 3.000 € á memoria mellor avaliada.
g) Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará no ano 2016.

Premios de entidades patrocinadoras:
a) Un premio especial Universidade Politécnica de Madrid de 4.000 €, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas de Enxeñaría e Tecnoloxía.
b) Un premio especial Universidad de Málaga de 2.000 €.
c) Un premio especial Alan Turing de 3.000 €, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Informática de España, destinado a un traballo destacado na área da Informática e disciplinas afíns.
d) Un premio especial Fundación ONCE, dotado pola Fundación ONCE, ao mellor traballo de investigación en calquera ámbito e dirixido á mellora da calidade de vida de persoas con minusvalidez.
e) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estanza de dúas semanas de duración nos seus centros de investigación.
f) Un premio especial Real Sociedade Española de Física  para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, que consiste nuha estanza financiada pola Real Sociedade Española de Física.
g) Un premio especial Fundación REPSOL, ao mellor traballo de investigación en Emprendimiento e Innovación, consistente nunha estanza nun Centro de Investigación da devandita fundación.

Mencións de Honra:
a) Ata tres Mencións de Honra aos profesores coordinadores cuxo labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos fose apreciado como especialmente destacable polo xurado.
b) Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable en prol do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.
c) Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE ou do MECD: http://www.injuve.es ou http://www.mecd.gob.es

O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de maio de 2015.

Máis información no BOE do 21 de abril de 2015 e en www.injuve.es