martes, 30 de abril de 2019

XXVIII edición do Certame Novos Creadores do Concello de Madrid

XXVIII edición do Certame Novos Creadores do Concello de Madrid 
O Concello de Madrid convoca a XXVIII edición do Certame Novos Creadores.
O obxecto deste certame é fomentar a participación da mocidade nos diferentes campos da creación artística, promovendo o máis amplo coñecemento e difusión das novas propostas innovadoras e da calidade desenvolta por eles, así como o talento e o traballo para desenvolvelas.
Modalidades:
- Curtametraxe
- Baile
- Poesía
- Fotografía
- Música
- Obra Plástica
- Iniciativa Social
- Micro teatro.
O prazo de inscrición e presentación das obras de todas as modalidades eatará aberto ata o 7 de maio de 2019.
Requisitos:
Poderán participar todos os mozos españois ou estranxeiros residentes en España, que teñan idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, ambas as incluídas, na data de publicación da convocatoria.
Para os grupos, polo menos o 50% dos e as integrantes deberán ter dita idade e a media de idade dos  participantes non deberá superar a media de 30, sempre que ningún dos membros supere os 35 anos.
Na modalidade de curtametraxe tomarase como referencia a idade do director ou directora.
Dotación:
Para as oito modalidades establécense un primeiro premio de 5.000 euros e un segundo premio de 3.500 euros.
Máis información: https://www.madridcultura.es/evento/1218/certamen-de-jovenes-creadores-2019
 

Bolsas Shuman no Parlamento Europeo

Bolsas Shuman no Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo convoca as Bolsas Shuman
O obxectivo das bolsas Schuman é contribuír á educación e a formación profesional dos cidadáns da Unión Europea e ofrecer a posibilidade de coñecer o traballo do Parlamento Europeo.A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses.
Os solicitantes dunha bolsa Schuman:
- deben ter máis de 18 anos de idade.
- deben posuír un título (ou máis) de nivel universitario.
- deben cumprir os requisitos lingüísticos.
- deben achegar un certificado de antecedentes penais válido.
- non traballarían máis de dous meses consecutivos nunha institución ou órgano da Unión Europea.
- non efectuarían unha visita de estudos ou para investigacións específicas menos de seis meses antes do inicio do período de prácticas.
Praza:
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro: 1 de xuño - 30 de xuño
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo: 1 de novembro - 30 de novembro
Os candidatos poden presentar solicitudes para tres ofertas de bolsas por período. Non se tomarán en consideración as solicitudes presentadas fóra de prazo nin as candidaturas espontáneas.
http://www.europarl.europa.eu/at-your-service/es/work-with-us/traineeships

Mobility First! Iniciativa de mobilidade cultural de ASEF

Lanzado pola Fundación Asia-Europa, este programa de financiamento ten como obxectivo apoiar a mobilidade de artistas e profesionais culturais de calquera xénero artístico (como artes visuais, artes escénicas, cinema, patrimonio) para actividades transfronteirizas que inclúen a participación en eventos, redes, reunións de investigación e colaboración. Proporciónase soporte de mobilidade a individuos seleccionados para viaxar de Asia a Europa, Europa a Asia e Asia.
Ademais, as organizacións culturais poden postularse para converterse en socios de ASEF: seleccionarán a individuos que recibirán apoio para asistir a eventos específicos organizados polo socio (por exemplo, festivais de arte, conferencias). Tamén se espera que as organizacións asociadas seleccionadas organicen o evento e proporcionen ás persoas seleccionadas contactos e contexto locais.
Os solicitantes gañadores recibirán ata un máximo de 2.000 dólares singapurenses (SGD) para viaxar de Asia a Europa ou de Europa a Asia.
Os solicitantes gañadores recibirán ata un máximo de 1.000 dólares de Singapura (SGD) por viaxar dentro de Asia.
Hai fondos adicionais están dispoñibles para persoas con discapacidades e necesidades especiais.
Prazos de solicitudes para o ano 2019:
- 15 de febreiro ao 15 de marzo.
- 1 ao 30 de abril.
- 15 de maio ao 15 de xuño.

Premio de Teatro para Autores Noveis "Calderón de la Barca"

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música convoca o Premio de Teatro para Autores Noveis "Calderón de la Barca".
O Premio ten como finalidade recoñecer o mérito na creación dramatúrxica mediante a distinción da obra teatral dun autor novel.
Beneficiarios.
Autores noveis de teatro, españois e nacionais doutros Estados da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo. Enténdese por autor novel aquel que aínda non estrease de forma pública máis dunha obra en circuítos de exhibición con rendementos de despacho de billetes. Para ese efecto, quedarán excluídas deste cómputo as pezas de teatro breve.
Os solicitantes deberán presentar obras teatrais de tema orixinal cuxa duración sexa a normal dun espectáculo dramático completo, non admitíndose pezas de teatro breve nin adaptacións. As obras poderán estar escritas en calquera das linguas oficiais de España.
A dotación económica do premio é de 10.000 €.
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 6 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 5 de abril de 2019

Premio de Pintura da Fundación Mainel

“On the road” de José Antonio Ochoa, obra gañadora do XXI Premio Nacional de Pintura Fundación Mainel
A Fundación Mainel convoca a 22ª edición do seu Premio Nacional de Pintura para artistas menores de 35 anos.
Cada participante poderá presentar só unha obra, con dimensións non superiores a 150×150 cm. (incluído o marco) e 20 kg. de peso máximo. O tema será de libre elección, así como os soportes e materiais empregados. A obra poderá entregarse con ou sen marco, pero sempre en bastidor (non se aceptará a tea por si soa). Se a obra requíreo, é mellor empregar metacrilato que cristal, en prevención de roturas.
A inscrición xa está aberta e realízase unicamente a través da web da Fundación Mainel, enchendo o formulario dispoñible ao que se debe achegar a seguinte documentación:
- Ata tres fotografas da obra, cun tamaño máximo de 10 MB.
- Un documento PDF no que se inclúa o currículo vitae do autor e un dossier da súa traxectoria artística documentada, de 5 páxinas e 5 MB como máximo.
- Copia do DNI ou pasaporte do autor.
Farase unha primeira preselección de ata 20 das propostas que obteñan maior puntuación, da que se informará aos artistas seleccionados o luns 27 de maio.
A data límite de inscrición ao  XXII Premio é o 22 de maio de 2019.
Dotación: O xurado valorará as obras preseleccionadas e presentadas fisicamente, outorgando a unha delas un único premio de 3.000 euros. Así mesmo, outorgaranse 10 mencións de honra que se expoñerán xunto coa obra gañadora e aparecerán no catálogo editado con tal motivo.
Máis información: https://mainel.org/noticias/convocado-el-xxii-premio-nacional-de-pintura-fundacion-mainel-2019/

XXVI Certame Literario Xoán Díaz, Cambre 2019

XXVI Certame Literario Xoán Díaz, Cambre 2019

O Concello de Cambre convoca o XXVI Certame Literario Xoán Díaz.
Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
CATEGORIA A: de 12 a 14 anos
CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades existentes: Poesía, Narración breve e Microteatro. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. Na modalidade de microteatro a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, paxinados e sen asinar. Entregaranse seis copias nun sobre no que figure: XXVI CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración, poesía ou microteatro). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.
Os traballos poden enviarse por correo ordinario, debidamente selados, a:
Concello de Cambre – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade.
Río Barcés, 8 - 15660 Cambre
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de abril de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 3 de abril de 2019

viernes, 29 de marzo de 2019

Campus Científicos de Verán 2019


O Ministerio de Educación convoca 1.560 axudas para participar no ano 2019 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
- Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
Proxectos:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidae de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Grana Canaria, Universidade de oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", 
Ter unha nota media no curso escolar 2017-2018 igual ou superior a 8,5 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos de participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación
Haberá 4 quendas de participación entre os días 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019.
Os campus científicos desenvolveranse en varias universidade españolas, entres elas a de Vigo e a de Santiago.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2019 ás 13:00h.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es 
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html