martes, 19 de marzo de 2019

Igualdade entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero na provincia da Coruña

A Deputación da Coruña convoca subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2019.

As axudas para conceder oscilarán entre un mínimo de 1.000 € e un máximo de 40.000 €.
O prazo estará aberto ata o 21 de marzo de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 1 de marzo de 2019

Bolsas para deportistas da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña convoca bolsas para deportistas da provincia.
Establécense tres grupos:
Grupo A:  12-17 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2002 (incluído)
Concederanse 15 bolsas de 3.500 € cada unha delas.
Grupo B:  18-23 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1996 (incluído)
Concederanse 15 bolsas de 3.500 € cada unha delas.
Grupo C:  24-30 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro 1989 (incluído)
Concederanse 15 bolsas de 3.500 € cada unha delas.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de marzo de 2019 ás 14:00 horas
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2019

Formación de aprendices en obradoiros artesáns



A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices durante un período máximo de 12 meses.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN201K
Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2019 e en http://artesaniadegalicia.xunta.gal

Premios Virxe do Carme para 2019


A Armada convoca os premios Virxe do Carme para 2019
A Armada española, coa finalidade de fomentar o interese e a afección polo mar e os asuntos navais, estimular na mocidade as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval en todo o ámbito nacional, convoca os premios "Virxe do Carmen", correspondentes ao ano 2019, nas seguintes modalidades: Libros, Mocidade, Diploma de Honra, Pintura, Fotografía e  Modelismo Naval.
Libros. Para o mellor traballo que en calquera manifestación histórica, científica, literaria ou  humanística contemple, analice ou relacione a vinculación de España ao mar e a Armada, no seu ámbito nacional ou na súa proxección marítima ultramarina. Dotado con 5.000 euros.
Mocidade. Para o mellor traballo no que se destaque a contribución da Armada á sociedade en calquera época, realizado por alumnos de Bacharelato, de formación profesional de grao medio e dos dous últimos cursos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), a través dos seus correspondentes centros educativos. Dotado con 1.000 euros para o alumno que realiza o traballo e con 500 euros para o profesor do centro escolar que o dirixa.
Pintura. Para as dúas mellores obras en que, con creatividade pictórica, plásmese a actividade naval en calquera dos seus aspectos, co fin de conseguir o achegamento entre a sociedade e a Armada. Primeiro premio, dotado con 3.000 euros. Segundo premio, dotado con 1.500 euros.
Fotografía. Para a fotografía que mellor plasme a vinculación da Armada coa súa contorna, recollendo motivos que reflictan os aspectos das súas múltiples facetas e actividades. Dotado con 1.000 euros.
Modelismo naval. Para o mellor modelo de nave, embarcación ou buque, e para a mellor maqueta ou  diorama de instalacións relacionadas coa historia e a arte da construción naval española, sen distinción de época, que tivesen protagonismo na historia naval española ou cuxo deseño marcou un fito no desenvolvemento da construción naval, e posúan valor artístico e técnico significativo. Premio modelo, dotado con 4.000 euros. Premio maqueta ou  diorama, dotado con 2.000 euros.
Prazos:
Na modalidade de Libros: 27 de abril de 2019
Mocidade: 31 de maio de 2019. 
Para os traballos que opten ao premio de Pintura, Fotografía, e  Modelismo, o prazo de presentación será entre o 6 de maio e o 31 de maio de 2019, ambos inclusive.
BOE do 1 de marzo de 2019

XXIX Concurso de Contos Vila de Pontedeume

O Concello de Pontedeume convoca o XXIX Concurso de Contos Vila de Pontedeume
O concurso de contos está dirixido a estudantes de Segundo Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
A lingua a empregar será o galego. Os participantes concorrerán cunha única obra.
Os contos, que deberán ser orixinais e inéditos, terán unha extensión non inferior a 6 páxinas nin superior a 8, estarán mecanografados a dobre espazo con letra Arial, corpo 12 e tamaño DIN A4. As follas deberán estar paxinadas.
As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao rexistro xeral do Concello de Pontedeume (R/ Real 13, 15600 Pontedeume. A Coruña) en sobre pechado co título da obra e lema ou pseudónimo do autor/a, acompañado doutro pequeno sobre, tamén pechado, no que conste o auténtico nome e apelidos do autor/a, así como a fotocopia do seu DNI, teléfono, enderezo e indicación do centro no que cursa os seus estudos e estudos que está cursar.
Premio: 476 €.
prazo de presentación estará aberto ata o 8 de abril de 2019.
O día da entrega dos premios será o día 17 de maio, día das letras galegas.
Máis información no BOP da Coruña do 1 de marzo de 2019, e na OMIX de Pontedeume, teléfono 981 433 039

Premio Internacional de Arte da Fundación María José Jove


Premio Internacional de Arte da Fundación María José Jove

A Fundación María José Jove convoca o Premio Internacional de Arte, para o fomento e difusión das artes plásticas.
Trátase da sétima edición dun certame bienal de ámbito internacional, no que poden participar persoas de ata 40 anos.
O premio contribúe ao fomento e a difusión das artes plásticas e ofrece total liberdade en canto a temáticas e disciplinas de presentación. Con todo, nas disciplinas de pintura, escultura e fotografía, establécese uns formatos mínimos de 60 cm. e máximo de 250 cm., nalgunha das súas dimensións.
O premio está dotado con 21.000 euros: 
12.000 euros para a obra gañadora, que pasará a formar parte da Colección de arte Fundación María José Jove
9.000 euros para a adquisición doutras que se presenten ao certame. 
Ademais, nesta ocasión editarase unha monografía que analizará a traxectoria e obra do artista galardoado.  
Prazo: 15 de abril de 2019

Premio Comunicar en Igualdade

Premio Comunicar en Igualdade
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca o Premio Comunicar en Igualdade
O obxecto do premio é recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.
Premio para profesionais do xornalismo
Nesta categoría premiaranse os mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero.
Premio para alumnado universitario
Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso 2018/19.
O premio outorgarase aos mellores traballos de tipo xornalístico segundo criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. Valorarase que o traballo fora emitido ou publicado nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019.
Cada participante poderá presentar un único traballo.
Establécense 3 categorías de premios:
– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de 4.000 €.
– Un segundo premio cunha dotación económica de 2.000 €.
– Un terceiro premio cunha dotación económica de 1.000 €.
prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes para acompañar os traballos están en https://sede.xunta.es co código SI437B
Máis información no DOG do 28 de febreiro de 2019