viernes, 15 de febrero de 2019

Premios Exército 2019

Premios Exército 2019
A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019.
Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
Beneficiarios:
Poderán optar aos Premios Exército 2019 na disciplina de Ensino escolar os participantes e, no seu caso, beneficiarios serán centros docentes públicos e privados -concertados e non concertados- de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.
Modalidades: Pintura Xeral, Pintura Rápida, Fotografía, Miniaturas Militares, Ensino Escolar e Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Lugar de entrega dos traballos:
http://www.ejercito.mde.es/Galerias/Descarga_pdf/EjercitoTierra/premios-ejercito/2019/9_plazos_lugar_entrega_trabajos.pdf
Prazos:
Pintura Xeral: 18 de marzo ao 12 de abril de 2019
Pintura Rápida: 18 de maio de 2019
Fotografía: 18 de marzo ao 5 de abril de 2019
Miniaturas Militares: 6 de abril de 2019
Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais: 18 de marzo al 5 de abril de 2019
Ensino Escolar: 18 de marzo ao 5 de abril de 2019
Premios:
Pintura
Pintura Xeral: 1º Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Pintura Histórica: 1º Premio: 4.000 €, Placa e Diploma
Pintura Rápida: 1º Premio: 2.500 €, Trofeo e Diploma e 2º Premio: 1.500 €, Placa e Diploma
Fotografía
Mellor serie: 1º Premio: 3000 €, Trofeo e Diploma
Mellor fotografía publicada nun medio de comunicación: 1º Premio: 1.500 €, Trofeo e Diploma.
Miniaturas Militares
Máster (Dioramas ou Viñetas): 1º Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Figuras): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Materiais): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Estándar (Dioramas ou Viñetas): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Figuras): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Materiais): 1º Premio: Placa e Diploma
Estándar (Miscelánea): 1º Premio: Placa e Diploma
Ensino Escolar
Nivel A € Educación Primaria. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Nivel B € Educación Secundaria. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Nivel C € Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. 1º Premio Nacional: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais: 1º Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Máis información: http://www.ejercito.mde.es/premios-ejercito/index.html

Microrrelatos da Real Academia Galega e de Puntogal


A Asociación Puntogal e A Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
1. Participación
a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
b) Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
2. Sobre os textos/microrrelatos
a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
b) O tema dos microrrelatos é libre.
c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
d) As obras terán como máximo 200 palabras (título incluído), que poderán acompañarse de imaxes, ligazóns ou vídeos.
e) Os textos presentaranse co seguinte formato: .docx, Arial, 12 puntos, interliñado 1,15.
3. Normas sobre o envío de textos
a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao enderezo actividades@academia.gal
b) No correo deberá figurar como asunto: Certame de microrrelatos. Infantil/Xuvenil/Adultos (a categoría que corresponda), e acompañarase de dous documentos (A e B) en formato .docx.
- Documento A. Nomearase co Título do microrrelato e conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.
- Documento B. Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato-Pseudónimo, e conterá os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico, teléfono e copia dixital do DNI.
c) No caso de que o concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada polo pai, a nai ou o/a titor/a legal cos seus datos correspondentes (pódese descargar un modelo en http://asociacion.dominio.gal/documentos/).
O prazo para a presentación de textos estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Categorías
Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: de 12 a 17 anos
Adultos/as: a partir dos 18 anos
Premios
Infantil
- Primeiro premio: Lego Boost, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: un lote de libros infantís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Xuvenil
- Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: Kindle, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Persoas adultas
- Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Terceiro premio: un lote de libros, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
http://asociacion.dominio.gal/wp-content/uploads/2019/01/bases-certame-2019.pdf

XXI Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís



"Acuarela de Razo" de Juan Rodríguez Pazos. Premio Especial Carballo na pasada edición

O Concello de Carballo convoca a XXI Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm)
Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Premios:
Primeiro premio:  1.500 € e diploma.
Segundo premio:  750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo  á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.  
Presentación:  
As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.
Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.
É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:
Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
Solicitude de participación na que conste:
Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 25 de marzo de 2019.

Máis información no BOP da Coruña do 11 de febreiro de 2019 e en http://www.carballo.org

Concurso de Poesia da Asociación Cultural O Facho


Concurso de Poesia da Asociación Cultural O FachoA Agrupación Cultural O Facho convoca o Concurso de Poesia 2019.
Ao premio de poesia poderán concorrer qualquer persoa ata os 35 anos de idade e sempre que non teña publicado nengún libro individual de poesia e a obra sexa inédita e non ter sido premiada con anterioridade en calquer outro concurso ou certame.

A obra presentada debe estar escrita en língua galega en qualquer das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e con un máximo de unha obra por autor.

Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.
O premio será a edición da obra premiada. Ao autor/a entregaránselle 15 exemplares.
O prazo para preentar obras estará aberto ata o 15 de abril de 2019.
Máis información en http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

domingo, 10 de febrero de 2019

Iniciativa Xove 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Áreas de atención prioritaria:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
Requisitos:
- As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
- O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.
- Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.
Proxectos:
Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. 
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2019 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

O "revenge porn", unha forma de ciberviolencia de xénero


A publicación na internet non consentida de imaxes íntimas coa única finalidade de facer dano supón unha forma de violencia machista exercida por homes contra as súas parellas ou exparellas.
Trátase dunha práctica moi estendida que afecta tamén a mulleres adolescentes e a mozas de cada vez menor idade. As vítimas deste delito sofren unha violación de dereitos tan vulnerables como a imaxe e a intimidade.
Por iso, con motivo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos e a Privacidade, o Concello de Las Palmas de Gran Canaria,  Injuve, Twitter e Pantallas Amigas uniron forzas para deseñar unha campaña que se presenta como berro de repulsa contra a violencia de xénero na contorna dixital. A campaña componse dun vídeo de sensibilización animado de seis minutos de duración que se acompaña de dúas imaxes que sintetizan dúas claras mensaxes:
- “Que consentise que vos gravedes, non che dá dereito a compartir nunca esas imaxes, aínda que ti tamén as protagonices”.
- “Difundir imaxes íntimas da túa noiva ou ex sen o seu consentimento é unha forma de violencia de xénero e un delito moi grave”.
O material exposto para este proxecto realizouse tanto en castelán como en inglés para chegar ao maior público posible. Ademais, existe unha versión reducida do capítulo animado que permite a súa mellor adecuación ás diversas plataformas de difusión na internet.
A campaña pódese visitar nesta ligazón: www.respetoimagenesintimas.com

XII Certame de Poesía Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos convoca o XII Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
- O tema e libre.
- As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
prazo de entrega das poesías estará aberto ata o 28 de febreiro.
Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive
Máis información na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.gal/noticias/2019/01/23/xii-certame-poes-concello-mugardos-2019