miércoles, 13 de mayo de 2015

Carnés para a mocidade


Prazas nas residencias xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 223 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2015/2016, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prazas:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 74 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.

Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas
Vigo: Altamar. 8 prazas.

Requisitos para mozos e mozas estudantes:
– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2015.
– Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos que o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Requisitos para mozos e mozas traballadores/as:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no Réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo mensual: 324 €

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Máis información no DOG do 8 de maio de 2015.

Lugo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html
Ourense: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html
Vigo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html

martes, 5 de mayo de 2015

XI Concurso de Poesía Anomar

 cartaz xi edicion anomar 2015A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a undécima edición do concurso de poesía Anomar.

Segundo a idade da persoa participante presentará a súa obra ou obras a categoría correspondente:
Categoría 1ª .- Rapaces e rapazas de 9 a 14 anos.

Categoría 2ª .- Mozos e mozas de 15 a 18 anos.

Categaría 3ª .- Maiores de 18 anos

A temática dos poemas é libre cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, e a lingua dos poemas será o galego.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos R/Ameneiro, número 8 15894 Os Tilos-Teo, cos datos persoais e teléfono de contacto nun folio anexo, ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo: arcostilos@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, no corpo do e-mail terán que constar os datos do autor/a, e no asunto indicarase XI Concurso de Poesía “Anomar”.

O prazo para participar estará aberto ata o 12 de maio de 2015. E a decisión do xurado coñecerase o día 22 de maio nun acto público nos locais da asociación ás 20:30 horas.
Agardamos a participación de todas e todos os interesados neste xénero literario.
Máis información en http://asociacion.arcostilos.org/

13 Certame de Cómic de Cangas




A Concellería de Cultura de Cangas, convoca o 13 Certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos.

Establécense tres categorías:
Categoría A de 18 a 35 anos
Categoría B de 14 a 17 anos
Premio á Viñeta Xove para menores de 14.

Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia ou inéditos, non debendo ser premiados anteriormente. O tema e a técnica son libres (cor ou branco e negro), en formato DIN-A4
A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B; e de 2 a 4, para o Premio Viñeta Xove. Os traballos deben presentarse antes do 30 xuño.

Premios:
Categoría A: 500 €
Categoría B: 200 €
Premio Veñeta Xove: 100 €

Os traballos poden presentarse ata o 30 de xuño na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Os traballos presentaranse polo sistema de plica, nun sobre pechado aparte figurará o título ou lema e a categoría na que se participa e no interior do sobre o título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171

Semana Europea da Xuventude 2015

2015semanaeuropea O luns 4 de maio comeza a sétima edición da Semana Europea da Xuventude (SEJ). O obxectivo desta celebración é alentar as persoas novas a participar na sociedade civil e crear conciencia da importancia de que a súa voz sexa escoitada. Tamén se fará fincapé en como a adquisición e desenvolvemento de habilidades adquiridas, ás veces, fóra da escola ou da universidade poden axudar a encontrar un traballo.

Centos de actividades desenvolveranse en trinta e tres países europeos do 27 de abril ao 10 de maio. Ademais, organizados pola Comisión Europea, celebraranse, en Bruxelas distintos actos como debates, conferencias e exposicións entre os que podemos destacar "European Youth Week High-Level Political Debate", "Structured Dialogue Conference", "Piloting Youth Guarantee on the Ground - Experiences from the European Parliament Preparatory Action (EPPA) " "Erasmus+ youth field: Inclusion and Diversion Strategy Launch Event" ou o seminario "Ideas Lab".

E, un ano máis, o Festival "YO!Fest" que, organizado polo Foro Europeo da Xuventude, acollerá miles de mozos na explanada do Parlamento Europeo.
Se non podes estar en Bruxelas durante eses días, tamén poderás participar xa que moitos dos actos se poderán seguir por internet (#youthweek).

Na páxina do Portal Europeo da Xuventude, podes consultar máis información que se irá actualizando segundo se confirmen as actividades que se celebrarán en cada país.

https://europa.eu/youth/eyw_es

VACACIÓNS SOLIDARIAS: Campamentos de verán para nenos e nenas sen recursos.

Dende a Reaj e en colaboración con distintas CC. AA, entre as que se atopa Galicia, comeza a funcionar o proxecto “Vacacións Solidarias” co que se pretende dar oportunidade a todos aqueles rapaces e rapazas sen recursos para que poidan participar durante este  verán nun campamento a desenvolver nun dos albergues xuvenís da "Red de Albergues Juveniles (REAJ)".

Se queres máis información e votar o proxecto que consideres máis interesante preme aquí.

Prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís

 colaboradoresbolseiros2015
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.

Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:
Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM* do ano en curso.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es  co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 4 de maio de 2015.

* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

RESIDENCIAS:
Lugo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html

Ourense:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html

Vigo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html